O Concello de Narón converterase a partir do día 27 deste mes no propietario do muíño de Xuvia. O goberno municipal prevé iniciar este mesmo ano as obras de rehabilitación nos exteriores do edificio para crear nel un museo etnográfico, unha biblioteca, unha sala de conferencias e unha exhibición da maquinaria hidráulica do muíño. Os trámites do Concello para facerse co muíño de Xuvia remóntanse ao ano 2000, cando a Xunta autorizou ao Concello a ocupalo con carácter urxente ante o estado de abandono que sufría. +máis Narón será desde o 27 de abril o propietario do muíño de Xuvia
O Concello de Narón converterase a partir do día 27 deste mes no propietario do muíño de Xuvia. O goberno municipal prevé iniciar este mesmo ano as obras de rehabilitación nos exteriores do edificio para crear nel un museo etnográfico, unha biblioteca, unha sala de conferencias e unha exhibición da maquinaria hidráulica do muíño. Os trámites do Concello para facerse co muíño de Xuvia remóntanse ao ano 2000, cando a Xunta autorizou ao Concello a ocupalo con carácter urxente ante o estado de abandono que sufría. +máis
