Xosé Manuel Blanco reclama a FEVE o mantemento das liñas entre Ferrol e Ortigueira

O alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco (Terra Galega), manifestou o seu rexeitamento diante da intención de Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE) de suprimir seis traxectos do tren de inmediacións entre Ferrol e Ortigueira, a partir de maio, e o seu apoio ao posicionamento adoptado nesta liña polo comité de empresa. +máis



Narón será desde o 27 de abril o propietario do muíño de Xuvia

O Concello de Narón converterase a partir do día 27 deste mes no propietario do muíño de Xuvia. O goberno municipal prevé iniciar este mesmo ano as obras de rehabilitación nos exteriores do edificio para crear nel un museo etnográfico, unha biblioteca, unha sala de conferencias e unha exhibición da maquinaria hidráulica do muíño. Os trámites do Concello para facerse co muíño de Xuvia remóntanse ao ano 2000, cando a Xunta autorizou ao Concello a ocupalo con carácter urxente ante o estado de abandono que sufría. +máis



O concello de Arteixo busca financiamento para dragar o encoro de Rexidoiro

O obxectivo desta obra será diminuir a dependencia do encoro de cecebre que lle custa ás arcas públicas arteixáns máis de 600.000 euros en concepto de canon. O tenente de alcalde de Arteixo, Xosé Márquez (de Terra Galega), explicou que este obra «ten un custo moi importante. Por iso, hai que buscar unha vía entre Augarsa, a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación coruñesa para poder levalo a cabo». +máis



O Concello de Narón acaba o primeiro trámite urbanístico do gran centro de saúde

O edil Manuel Ramos sinalou que o proceso segue adiante aínda que Feijoo terá que decidir se mantén o proxecto . O goberno local xa redactou o plan de sectorización que será enviado á Consellería de Política Territorial. +máis





O centro de saúde de Neda mellora as súas prestacións

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón (Terra Galega), e o director da área sanitaria, José Ramón García, inauguraron oficialmente a ampliación do centro de saúde da vila. +máis



Quen somos

Este espazo web, páxina non-oficial de Terra Galega, pretende ser o punto de encontro dos centos de afiliados e simpatizantes tegás que, nas pasadas eleccións galegas de marzo de 2009 apoiaron a candidatura liderada por Xoán Gato, logrando esta máis de 18.700 votos e situándose como a 5ª forza política de Galicia, a 4ª na provincia da Coruña e a 3ª en Ferrolterra.
Pola contra, a lista do sector oficiliasta encabezada polo actual coordinador xeral do partido, Xermán Tobío, malia presentarse en coalición co Partido Galeguista baixo as siglas de + Galicia, soamente foi quen de acadar 900 votos.
Os autores deste blog queremos deixar claro a todos os internautas que visitan o noso espazo web que este nin é, nin pretende ser a páxina web oficial de Terra Galega limitándose unicamente a ser un espazo de reflexión, opinión e infomación para todos aquelas persoas que sexan afíns ás nosas posicións políticas e ideolóxicas.

18 MILLEIROS DE GRAZAS


Grazas pola confianza depositada en Terra Galega. Grazas polo voso ánimo e a vosa ilusión. Grazas polo voso esforzo e a vosa entrega. Grazas polos máis de 18.000 votos obtidos, o mellor resultado logrado por unha forza nacionalista de centro nas últimas dúas décadas. O voso apoio dános ánimos para seguir loitando pola nosa terra. Estas eleccións só foron un primeiro paso. Somos un partido forte e unido. Seguimos adiante. A loita continúa.



Xoán Gato: "Isto non acaba máis que empezar. Temos máis de 18.000 motivos para seguir loitando"

Na noite eleitoral do 1 de marzo o candidato á presidencia da Xunta de Galicia , Xoán Gato, agradeceu o apoio dos máis de 18.000 galegos e galegas que depositaron a súa confianza na lista encabezada por el, así como o esforzo realizado por todos os militantes nesta campaña. Malia finalmente non obter representación no parlamento galego, o líder tegá valorou moi positivamente os resultados obtidos: “Acabamos de plantar un carballo neste país chamado Terra Galega e agora imos loitar para que medre forte e san”. +máis



Xoán Gato: "Polos que foron, polos que estamos e polos que virán, o 1 de marzo deamos un paso adiante por Galicia"

Nun mitin peche de campaña ante máis de 600 persoas na Feira de Mostras de Ferrol, o candidato de Terra Galega á presidencia da Xunta de Galicia, Xoán Gato, animou aos asistentes a dar un paso ao fronte pola nosa terra. "O 1 de marzo este país decidirá o seu destino. Que ninguén vos trate de enganar. Galicia será o que os galegos e as galegas querramos que sexa. De nós, só de nós dependerá que este país tire para adiante. Pero para que iso suceda primeiro temos que ser nós os que nos poñamos andar. Este domingo teremos a mellor oportunidade de facelo votando a Terra Galega"